Saída 28 de novembro. Broullón - Cruz da Maceira

 OLA!

As plantillas impresas en acetato son un bo recurso que nos facilita recoñecer as pegadas que forman algúns rastros, como o que aparece no centro da imaxe. Neste caso, parecen ser pegadas de garduña (Martes foina). Cando superpoñemos a impresión conseguimos poñerlle “unha posible cara e patas” ao individuo que camiñou antes ca nós por esta zona con barro, e descartar que fose a pegada da esquerda (a xeneta, Genetta genetta).


QUERES SABER MÁIS? amplía a imaxe!

🐾 Garduña vs. Xeneta: ves as diferenzas nas pegadas?


- Tamaño:
Na garduña as pegadas son máis grandes (4–5 cm).
Xeneta: máis pequenas e estreitas (3–4 cm).


- Dedos:

Garduña:p

egada máis redondeada cos dedos formando un abanico ancho e a almofada central é grande e lobulada.
Xeneta: Pegada máis alongada e estreita. Os dedos están máis xuntos e forman unha especie de “ovalo” coa almofada central máis pequena.


- Paso

Garduña: a

vanza en saltos curtos, deixando parellas de pegadas bastante xuntas. As pegadas dianteiras e traseiras poden superpoñerse.
Xeneta: o paso adoita ser máis aliñado.



Comentarios