Ola!
O importante é manchar as mans! 💅Unha vez comprendida a forma de buscar pegadas e, tras o éxito de atopalas, que mellor que poder levar un recordo para casa co que seguir estudando máis a fondo eses pequenos detalles das pegadas, e que podemos inmortalizar nun trofeo de xeso. O taller de pegadas sempre é un éxito polo divertido de elixir cal é a pegada favorita e por ser un proceso que implica moitos nervios, mancharse un pouquiño, e a tensión de esperar como sairá. Neste caso, o mellor non foi o resultado: o xeso (un preparado diferente e máis custoso) resultou non ser o adecuado e poñer a proba a nosa paciencia, e... 😱 non fraguoooouu... Outra vez será. Por Xúpiter que sairá ben!
Comentarios
Publicar un comentario