Aproximación ao traballo de campo (luns 6 de Outubro)

 Ola! 

Como cada ano, un dos momentos que máis intriga lles xera aos recén chegados é o feito de ter que prepararse para observar indicios de vida no monte: cadernos, cámaras de fototrampeo ou as chaves de pegadas, imprescindibles! Estas ferramentas son fundamentais e as grandes aliadas para coñecer máis en profundidade quen son realmente eses pequenos —e non tan pequenos— seres salvaxes que rondan polos nosos montes. Logo dunha primeira explicación do xefe do equipo, Fran, quen mellor que as nosas veteranas (Sabela, Alba ou mesmo os non tan veteráns como Adrián ou Lena...) para axudarnos a explicarlles aos novos como comezar poñer en funcionamento toda a maquinaria. Grazas pola vosa axuda!!


Comentarios