(27 de Xaneiro) 😄 DÃa da benvida aos futuros exploradores e curiosos. Xornada de portas abertas para os centros adscritos.
Olá! 😄
Como cada ano, recibimos no centro unha visita moi especial. O martes 27 de xaneiro os rapaces dos colexios adscritos ao IES As Barxas — que aÃnda ven o mundo dende unha perspectiva algo máis baixiña ca nós— achéganse para botar unha ollada ao funcionamento do instituto e coñecer o que hai tanto tempo ansÃan: como vai ser a súa vida de "ser maior".
Dende o Club de Ciencias procuramos resumir nuns minutos e coa colaboración dalgún vererán, o que significa formar parte deste grupo. O máis importante é que saiban que, este tamén será o seu centro, e que, se lles apetece implicarse, teñen as portas abertas para participar nas actividades dos distintos “clubs”.
Iso si: cando asoman pola porta do laboratorio coas súas caras de intriga, é imposible non sorrir. Explicarlles o que facemos en BIOXEO e no Club de Ciencias é un auténtico pracer… aÃnda que algún leve un pequeno chasco ao descubrir que… NON, NON NOS DEDICAMOS A FACER EXPLOSIÓNS (Pero case…)
Prometemos ciencia para os curiosos, monte para "as cabras e os xabarÃns", e algunha que outra sorpresa.
Comentarios
Publicar un comentario