Estudo dun Teixugo🐾 atropelado 😞

Ola!

Un dos animais presentes nos montes de Moaña é o Teixugo , Meles meles, ten un aspecto robusto, cabeza relativamente pequena, pescozo moi corto e patas cortas cunhas potentes unllas nas patas dianteiras, para poder excavar a terra e facer grandes Teixugueiras, son de hábitos nocturnos é moi raro miralos a luz do día, nas cámaras de fototrampeo o 99% saen pola noite, ten uns rastros moi fácil de recoñecelos ,unha vez que se "entrena o ollo" , mirade as fotos de abaixo onde mirase primeiro a un teixugo reposando 😊 e despois fotos da pegada con as fortes unllas é un excremento nunha letrina (buracos que fan para depositar os excrementos), as fotos son en Moaña sacadas nas saídas dos Venres.

Unha das grandes ameazas que teñen é a dos atropelos, por desgracia pola contorna apareceu un exemplar nesta situación, aproveitamos para facer un pequeno estudo da morfóloxia tan peculiar deste mamífero tan desconocido polos rapaces. 

As medidas sacadas polos alumn@s:

Teixugo Meles meles (Macho)

Peso:    9,35 Kg
Unllas :    3 cm
Man sen unllas :    7 cm
Man con unllas:    9cm
Pata traseira:    4 cm
Pata dianteira:    5 cm
Largo:    85 cm

Como homenaxe a estes pequenos e simpáticos traballadores, que temos nos montes de Moaña, un vídeo grabado polas cámaras de fototrampeo:

Saudos😊

 

Comentarios