Ola!!
Como vos imaxinades e moi difícil ver bichos en directo, sobre todo mamíferos, unha maneira de conseguilo e a través de esperas, consiste en poñerse normalmente dende un punto elevado ao amencer ou solpor co axuda dos prismáticos , telescopio e en total silencio, conseguir pasar desapercibidos pola fauna, e "esperar" a que os bichos salgan, nesta ocasión tivemos sorte e os rapaces puideron ver a certa distancia Corzo, Xabarin e Raposa xogando con cría , aparte de gando e cabalos salvaxes. Nesta ocasión aproveitouse para facer un vivac (durmir o raso) e disfrutar pola noite do espectáculo da vía láctea alonxados da contaminación lumínica. Tamén disfrutamos dunha paixaxe expectacular , a continuación algunhas fotos, o final tedes unha ligazón con máis fotos de toda a actividade.
Fotos dos mamíferos observados na espera:
Comentarios
Publicar un comentario