Ola!🐾
Durante o mes de Marzo, estará no vestibulo do Instituto a exposición do proxecto Bosque Animado, contará cun resumo do todo un ano de traballo feito para estudar a fauna salvaxe de Moaña, dende Outono 2020 ata o Outono 2021, nesta ocasión gracias o Cemma tamén contaremos cun estupendo material educativo , divulgativo sobre os mamíferos mariños 🐬🐳🐋 presentes nas nosas costas, algúns deles podense ver en Moaña 😊.
Coa a idea de “só se valora e protexe o que se coñece”, a exposición contara con distintas actividades para que os alumn@s traballen e tomen conciencia do patrimonio natural existente na nosa contorna máis próxima.
Nas seguintes ligazóns tedes algunhas das tablas e gráficas obtidas polo traballo feito neste ano de estudo:
Tabla de datos Outono 2021-Outono 2022
Gráficas cos datos Xerais Outono 2021-Outono 2022
a continuación algunhas fotos da exposición, pero o mellor e que a visitedes.......😊
Comentarios
Publicar un comentario