Dende o Clube de Ciencias do IES As Barxas púxose en marcha este curso 2020 2021 un proxecto didáctico chamado “O bosque animado, estudo da fauna salvaxe do Concello de Moaña” co dobre obxectivo de achegar aos alumnos as técnicas de estudo de campo da fauna salvaxe e que tamén que conseguirán un coñecemento dos animais que conviven con nos. Compráronse cámaras de fototrampeo e cos permisos pertinentes das CCMM implicadas empezamos a realizar saídas ao monte para a colocación das cámaras e recoñecemento dos indicios que deixan os animais no seu día a día. Apuntáronse 42 rapaces polo que fixemos 8 grupos para repartir o traballo, de maneira que realizamos saídas ao monte tódalas semanas, os venres de 16.00 ata as 19.00 h. Nestas saídas revísanse as cámaras e búscanse indicios da presenza da fauna. Tamén quedamos cos distintos grupos os luns ao mediodía no instituto para facer traballo de laboratorio.
A continuación tedes un vídeo do que capturaron as cámaras xunto a un resumo destes case tres meses de estupendo traballo…
Comentarios
Publicar un comentario