CANSAT 2019-2020
O IES As Barxas participa este curso no certame CanSat, organizado pola Axencia Espacial Europea (ESA).
Un CanSat é unha simulación dun satélite real integrado dentro do volume e a forma dunha lata de refrescos onde se deben introducir os principais subsistemas dun satélite de verdade, como alimentación eléctrica, sensores e un sistema de comunicacións. 
CanSatNasBarxas é o noso equipo composto polos seguintes membros:
- Héctor Juncal Pérez
 - Francisco Augusto Gonzalez Álvarez
 - Aitor García Rosendo
 - María Otero Currás
 - Iker Casás Rodríguez
 
O equipo deberá construír un CanSat e programalo para que cumpra unha serie de misións propostas pola organización.
Nestes momentos o proxectos atópase en proceso de planificación e da asignación das tarfeas a cada un dos seus membros 
A medida que avancemos co traballo irémosvos informando, pero se queredes saber mais do proxecto, premede na fotografía ou enlace seguinte.
Comentarios
Publicar un comentario